xoves, 27 de setembro de 2018

Hoxe tocou coñecer parte do aparato locomotor, en concreto o sistema óseo.

Coloreamos o esqueleto, recortámolo e pegámolo nunha cartolina.






Despois, repartimos o nome dos principais ósos do noso corpo. Recortamos de un en un para non perdelos e buscamos nos libros que trouxemos das casas onde están.









Cando somos nós os que nos encargamos de buscar a información e de formar parte da investigación, os conceptos apréndense moito mellor. 

A proba foi que antes de marchar para casa, xogamos na pantalla ao xogo que colgamos onte e houbo case un 100% de acertos!


mércores, 26 de setembro de 2018

Proxecto en marcha

Esta semana comezamos co proxecto "Como é o meu corpo?" e xa trouxemos un montón de libros da casa para ter toda a información necesaria.

 


Aprenderemos un montón de cousas sobre como somos por dentro. Para comezar déixovos o seguinte xogo.

Primeiro explicarán un pouco para que serve cada óso e despois chega o momento de colocalos no seu lugar.


O esqueleto

venres, 21 de setembro de 2018

Primeiro contacto ABN

Esta semana fixemos o primeiro contacto co mundo matemático do ABN.

Esta metodoloxía basease na manipulación do número dunha forma menos abstracta e polo tanto, máis fácil de asimilar.

Por exemplo, un dos piares base é o concepto de decena. Este concepto é moi abstracto para un neno desta idade. Na maioría das veces acábase memorizando algo que non se comprende e polo tanto, olvídase con facilidade.

Por iso, coa axuda de palillos e gomas fixemos un montón de decenas. E algo nos quedou claro, necesitamos dez paus para conseguir ter unha decena e poñerlle a goma (aínda que nos custase un pouco...).



Silvia xa tiña rematado cando saquei a foto :)













Outro piar é a táboa do 100. Hai mil formas de traballar con ela, pero primeiro hai que saber de que vai e como funciona. Coloreamos de vermello as decenas completas e de amarelo os números rematados en cinco.

Por parellas fomos facendo diferentes actividades: contar de dous en dous, de tres en tres, de cinco en cinco, de dez en dez... Tamén houbo quen se aventurou coas sumas na táboa, pero iso xa é un nivel superior. En canto o controlemos, faremos un vídeo para explicárvolo.












Faltan dous compas, pero é que aínda tiñan a táboa a medio colorear...

Rutinas semana 1

Cada día dous compañeiros convírtense en axudantes da profe e encárganse de cubrir os dous carteis que hai na aula.

"El número protagonista". O interesante deste cartel é que a medida que vaiamos avanzando no curso, lograremos cubrir máis apartados. Polo de agora, con escribir con letras, un par de descomposicións e o número anterior e posterior, é suficiente. Aínda que hai quen se aventura e o completa case todo!








"La palabra de hoy". Traballamos unha palabra que o outro axundante nos di. Escribila, contar vogais, consoantes, sílabas, lembrar a secuencia do alfabeto e por último, pensar unha oración ben longa con ela.