venres, 21 de setembro de 2018

Primeiro contacto ABN

Esta semana fixemos o primeiro contacto co mundo matemático do ABN.

Esta metodoloxía basease na manipulación do número dunha forma menos abstracta e polo tanto, máis fácil de asimilar.

Por exemplo, un dos piares base é o concepto de decena. Este concepto é moi abstracto para un neno desta idade. Na maioría das veces acábase memorizando algo que non se comprende e polo tanto, olvídase con facilidade.

Por iso, coa axuda de palillos e gomas fixemos un montón de decenas. E algo nos quedou claro, necesitamos dez paus para conseguir ter unha decena e poñerlle a goma (aínda que nos custase un pouco...).



Silvia xa tiña rematado cando saquei a foto :)













Outro piar é a táboa do 100. Hai mil formas de traballar con ela, pero primeiro hai que saber de que vai e como funciona. Coloreamos de vermello as decenas completas e de amarelo os números rematados en cinco.

Por parellas fomos facendo diferentes actividades: contar de dous en dous, de tres en tres, de cinco en cinco, de dez en dez... Tamén houbo quen se aventurou coas sumas na táboa, pero iso xa é un nivel superior. En canto o controlemos, faremos un vídeo para explicárvolo.












Faltan dous compas, pero é que aínda tiñan a táboa a medio colorear...

Ningún comentario:

Publicar un comentario