xoves, 20 de setembro de 2018

Obradoiros

Cada vez que rematamos o traballo, pero temos que agardar polos demais compañeiros, podemos aproveitar para aprender xogando.

Por iso, este ano hai seis obradoiros preparados que rotan cada día. Aquí vos deixo un exemplo en fotos.


Obradoiro de lóxica (tángram e orientación espacial, simetrías...).



Obradoiro de plástica (debuxo libre, con plantillas, pixelados...).



Obradoiro de lectura (cartas de conciencia fonolóxica, tarxetas parlanchinas, detecta si e non, abrementes...).


Obradoiro de escritura (tarxetas tolas, descubre a palabra oculta, fábrica de contos...).



Obradoiro de cálculo (oca de multiplicar, labirinto de sumas e restas, "jenga" de números...).



Obradoiro de xogo (construción, afundir a flota, quen é quen, memorys, puzzles...).



E por suposto, o recanto de lectura que se irá enchendo de portadas de libros que leamos.










Ningún comentario:

Publicar un comentario