xoves, 20 de setembro de 2018

Presentación da clase

Aquí vos ensinamos un pouco a nosa aula. Aínda que é a mesma ca do ano pasado, houbo moitos cambios.

Para empezar, o antigo reloxo mudou nunha fermosa flor que nos recorda como se len as horas.



E como somos unha clase un pouco parlanchina, este ano ímos traballar moito o comportamento na aula. Por iso, comezamos a funcionar o noso ClassDojo. 


Por se non vos soa de nada, ClassDojo é unha aplicación que a través de puntuacións axuda a controlar o funcionamento da clase. Hai formas de conseguir puntos e tamén formas de perdelos... Polo de agora, traballaremos o control de volume na aula con estas habilidades.



Unha vez coñecido procedemento, entre todos decidimos cales podían ser as recompensas ou premios, tanto individuais como grupais.


E hoxe conseguimos alcanzar o primeiro premio grupal!




Por certo, quen o desexe, pode ver a puntuación do seu fillo ou filla. Só deberedes comunicarmo, descargar a aplicación ou consultala no móbil e entrar cun código que vos teño que entregar eu. Non é obrigatorio, pero pode ser divertido e moi instrutivo.

1 comentario: