Por fin temos o resultado de todo este tempo de traballo. Agardamos que vos guste tanto como a nós.
xoves, 29 de novembro de 2018
martes, 27 de novembro de 2018
Aproximación á decena
Ese é o título que aparece no libro de matemáticas, pero nós decidimos dárlle unha volta e facelo máis útil para a nosa vida diaria.
Fixemos unha lista da compra e collimos as publicidades dos supermercados dos buzóns. Eleximos os produtos que máis nos gustaban e pegámolos na libreta. Ata aquí todo moi sinxelo de facer.
Pero logo a cousa complicouse un pouco. Tivemos que anotar o prezo e aproximar os céntimos a euros, é dicir, redondear.
Redondeamos os prezos de forma que se o prezo tiña menos de 50 céntimos, quedamos no euro no que estamos e se tiña 50 ou máis, xa valía o seguinte euro. Parece moi difícil de comprender, pero este é o noso traballo na libreta.
Despois sumamos todas as cantidades para saber canto, máis ou menos, nos ía valer a nosa compra.
-Profe, eu non sei facer sumas con tantos números!
Esa foi a primeira cousa que me dixeron. Ás veces, o libro cuadricula moito a forma de aprender e todos se deron conta de que eran capaces de iso, e máis, cando simplemente lles dixen:
-Ide contando para adiante, e se non sempre nos quedará pagar con tarxeta.
Xa vedes os resultados.
Cumprecontos Kike
Hoxe foi o Cumprecontos de Kike aínda que o seu día é o 27 de agosto. Quixo buscar unha data no calendario que tivera algo que ver, así que ordenou que fose o 27 de novembro.
Trouxo o seu libro favorito "Vamos a leer historias de animales" que está formado por pequenos relatos. El elixiu "Buen lanzamiento" para ler.
Trouxo o seu libro favorito "Vamos a leer historias de animales" que está formado por pequenos relatos. El elixiu "Buen lanzamiento" para ler.
Parabéns, Kike
domingo, 25 de novembro de 2018
Cartiños!
Esta semana tivo lugar o primeiro contacto cos cartos deste curso.
Aínda que xa non contamos co marabilloso mercado que había no colexio, trataremos de traballar do xeito máis real posible.
De momento, trouxemos unhas carteiras e temos todo gardado. Intentaremos traballar todas as semanas con eles porque vai ser algo que nos acompañe toda a vida.

Día Internacional contra a violencia de xénero
O pasado venres adiantamos a celebración no colexio do 25 N.
br />
Tamén traballamos a lectura de "Arturo y Clementina" que tamén vos deixamos.
Participamos no proxecto #Equaliter que nace no CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín plasmando as nosas mans pintadas de branco na silueta do paxaro de Twitter.
br />
Tamén traballamos a lectura de "Arturo y Clementina" que tamén vos deixamos.
venres, 23 de novembro de 2018
Cumpreconto de Icía
O cumpreanos de Icía tamén é no verán, o 19 de agosto. Esta semana trouxo o seu libro preferido e contónoulo a todos.
Parabéns, Icía!
Cumpreconto de Silvia
O cumpreanos de Silvia é o 27 de xullo pero quixo celebrar o su día cos seus compañeiros lendo o seu conto preferido.
Parabéns, Silvia!
Parabéns, Silvia!
domingo, 18 de novembro de 2018
O corpo humano
Esta semana rematamos o estudo do corpo humano e mentres preparamos a exposición para gravarnos, propóñovos un xogo.
O corpo humano
O corpo humano
Primeiro contacto co ficheiro
Por fin estreamos os ficheiros!
Estivemos agardando a ter un par de fichas na gabeta para darlle uso.
Dividímolas en dúas seccións: números e letras.
Estivemos agardando a ter un par de fichas na gabeta para darlle uso.
Dividímolas en dúas seccións: números e letras.
venres, 16 de novembro de 2018
Cumpreconto Laura
Aínda que o cumple de Laura é o domingo 18, hoxe trouxo o libro ao cole así que todos moi atentos á súa lectura.
Parabéns, Laura!
Parabéns, Laura!
xoves, 15 de novembro de 2018
Magosto
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)