Ese é o título que aparece no libro de matemáticas, pero nós decidimos dárlle unha volta e facelo máis útil para a nosa vida diaria.
Fixemos unha lista da compra e collimos as publicidades dos supermercados dos buzóns. Eleximos os produtos que máis nos gustaban e pegámolos na libreta. Ata aquí todo moi sinxelo de facer.
Pero logo a cousa complicouse un pouco. Tivemos que anotar o prezo e aproximar os céntimos a euros, é dicir, redondear.
Redondeamos os prezos de forma que se o prezo tiña menos de 50 céntimos, quedamos no euro no que estamos e se tiña 50 ou máis, xa valía o seguinte euro. Parece moi difícil de comprender, pero este é o noso traballo na libreta.
Despois sumamos todas as cantidades para saber canto, máis ou menos, nos ía valer a nosa compra.
-Profe, eu non sei facer sumas con tantos números!
Esa foi a primeira cousa que me dixeron. Ás veces, o libro cuadricula moito a forma de aprender e todos se deron conta de que eran capaces de iso, e máis, cando simplemente lles dixen:
-Ide contando para adiante, e se non sempre nos quedará pagar con tarxeta.
Xa vedes os resultados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario