mércores, 14 de novembro de 2018

Sopa de números!

Hoxe celebramos o Magosto no cole e como só temos unha hora xuntos antes da festa, decidimos facer unha clase máis diveritda de matemáticas.

Por parellas xogamos á Sopa de Números. O xogo consiste en buscar todas as sumas posibles cuxo resultado sexa o número que nos indican. Parecía moi fácil, pero...


O difícil foi organizarse. Traballar en equipo non é unha tarefa sinxela se non sabemos cooperar e comprender as necesidades do noso compañeiro. Poñer puntos en común e trazar unha estratexia para conseguir o obxectivo sen impoñer as nosas ideas. 

Ao final deseñaron varias desde dividir o taboleiro á metade ata facelo por quendas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario