Falamos un pouco dos roles, dos esterotipos e de que significa ter unha relación sa. Para iso, trouxemos ao cole as cancións que máis nos gusta escoitar e que sabemos as letras de memoria. Imprimimos as letras e puxémonos a analizalas.
Alucinamos co que estamos memorizando. Non é o mesmo cantalas que lelas impresas coma se dun poema se tratase.
Ideas de posesión, culpabilidade e submisión aparecen en todas as cancións.
Está claro que hai que cambiar porque algo non está funcionando ben. Deberiamos poñer máis coidado no tipo de cancións que escoitamos e analizar a letras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario