venres, 13 de marzo de 2020

HORARIO SEMANAL

Para organizar o traballo entre as dúas titorías (3º A e 3º B) decidimos unificar o horario:



Todos os días pola mañá subiremos as actividades programadas. Se tendes as libretas na casa, facede todo por orden e acordándose de poñer a data. Se non a tendes, utilizade calquera folio que haxa pola casa e gardádeos todos nunha carpetiña. Se por calquera motivo, hai un día no que non tendes acceso ao blogue, podédelo facer noutro momento, sen problema. 

Esta é unha situación excepcional e agardo a vosa colaboración para que non haxa moitos incidentes. Mantede contacto con nós polas vías habituais: 

- 3ºA (Patricia): ClassDojo, email ou ben por comentarios nas publicacións (acordádevos de poñer o voso nome).
- 3º B (Ana): grupo de whatsapp.

Comeza unha tempada difícil pero sendo estritos na hixiene, evitando reunións aínda que sexan familiares e quedando na casa, acabaremos celebrándoo cunha gran aperta.

Patricia e Ana.

2 comentarios:

  1. Ola Inés. Eu vou colgar as cousas sobre as 9:30, pero cada un organizarse como poida. Entendo que non todos tedes acceso a internet porque haberá moitos nenos que se vaian cos avós. Por iso, o horario é un pouco flexible.
    Gracias!

    ResponderEliminar