martes, 24 de marzo de 2020

Exercicio mañaneiro de hoxe

Hoxe tráigovos algo diferente. Podedes coller un folio ou un cartón e facer unha oca similar a esta.


Agora pásovos as consignas.

1.- Realiza 5 saltos chocando as mans no aire á vez.
2.- Realiza 5 sentadillas.
3.- Anda 50 pasos.
4.- Salta á pata coxa 15 veces.
5.- POZO: se caes aquí, debes empezar na casiña START
6.- Aguanta o equilibrio, sobre un so pé, durante 15 segundos.
7.- Baila unha canción de zumba que che guste en YouTube.
8.- Fai unha pelotiña de papel e intenta dar 5 toques co pé sen que caia ao chan.
9.- Fai un xogo de mímica.
10.- Salta cos pés xuntos 10 veces.
11.- Dá unha voltereta na cama.
12.- Salta 10 veces, abrindo e pechando as pernas e os brazos á vez.
13.- POZO: se caes aqui, debes empezar desde a casiña 6.
14.- Fai carreira no sitio, erguendo os xeonllos ata o peito "skipping".
15.- Baila unha muiñeira.
16.- Salta á pata coxa 15 veces.
17.- Anda 50 pasos cara atrás.
18.- Dá 10 toques ca boliña de papel.
19.- Fai un xogo de mímica.
20- PRISIÓN: para poder saír daquí, tes que sacar o número 5 ou superar un reto que alguén che plantexe.
21.- Realiza 10 saltos chocando as mans no aire á vez.
22.- Realiza 10 sentadiñas.
23.- Andar 50 pasos, dous esquerdos, dous dereitos, dous esquerdos...
24.- Skipping durante 20 segundos.
25.- Salta cos pés xuntos o máis lonxe que poidas.
26.- GAÑACHES!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario