Todos somos conscientes que é imposible levar o mesmo ritmo estando na casa que estando no cole. Non todos temos as tecnoloxías que precisamos e moitas veces tamén perdemos a paciencia. Estamos atravesando un momento difícil e estamos intentando facer o posible para que:
- vós (os nenos) traballedes un pouco cada día. As cousas que estamos poñendo cada día, debédelas facer sos. Os maiores entendemos que tamén esteades saturados sen poder saír e xogar cos compañeiros, pero tedes que poñer un pouco da vosa parte.
- vós (mamás e papás) teñades un tempo para vós. Se os vosos fillos ou fillas conseguen traballar sos, aproveitade ese tempo para tomar aire, pechar os ollos e relaxarvos. As profes estamos con vós e calquera dúbida ou consulta que teñades intentarémola solucionar entre todos. Nós programamos por días, pero vós tedes os vosos horarios e podedes organizar o traballo como mellor vos veña.
E despois deste pequeno discurso... Déixovos aquí a programación que preparou o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Todos os días en Clan TV haberá programación específica por idades. Non sabemos de que vai tratar cada programa, pero xa sabedes que estes días toca improvisar moito.
Unha aperta das vosas profes.
Moitas. Gracias!
ResponderEliminar