Ola a todos!
Como seguro xa sabedes, o colexio quere aportar o seu gran de area e axudarvos a costear as fotocopias que este tipo de ensino nos está requerindo. En principio están subvencionadas unhas 100 fotocopias, pero seguro que non chegamos a tantas co noso afán de coidar o planeta!
O alumnado de terceiro que queira imprimir irá á Libraría Andel en horario de 9:30 a 13:00 (polas tardes está pechado) e é recomendable que chamedes para que o teñan preparado 982 511 422.
A idea que temos as profes é seguir traballando na mesma liña, é dicir, diariamente no blogue, usando libreta e algunha aplicación, só que lle engadiremos de vez en cando algunha ficha fotocopiada.
A partir do luns estarán colgadas nesta carpeta uns documentos que poderedes imprimir, ben na casa ou ben na Andel, como prefirades. Non é necesario que vaiades todos o luns, así evitamos aglomeracións. Facédeo cando poidades, sen presa (se algún día mandamos unha ficha e aínda non a tedes, aplazade esa actividade o tempo que necesitedes).
Por favor, fixádevos en como hai que imprimilos:
Por favor, fixádevos en como hai que imprimilos:
- DOBRE CARA problemas: son só para os nenos e B, os de A xa o tiñamos do cole. Son os que xa colgamos fai tempo, pero póñoos aquí por se alguén os quere imprimir.
- UNHA CARA confinadas: son fichas variadas que se teñen que colorear a rotulador ou se teñen que recortar, por iso é necesario que vaian a unha cara.
- DOBRE CARA confinadas: son fichas variadas e pódense imprimir a dobre cara.
- Fichas de inglés --> podedes imprimir só as fichas a dobre cara e as correccións facelas desde o móvil.
- Fichas de relixión --> as que se colgaron o luns 20 de abril.
Informaremos polo blogue cando haxa material novo para imprimir, pero a nosa intención é facelo cada dúas semanas para que non vos teñades que expoñer pola nosa culpa.
Unha aperta a todos.
Ana e Patricia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario