luns, 6 de abril de 2020

Semana Santa...

Comeza a Semana Santa e deberiamos estar de vacacións. Uns quedariamos na casa ordenando cousas, outros iriamos de viaxe a algún lugar lonxano, outros aproveitariamos para ir facer compras, seguro que algún de nós planeu tamén visitar a algún amigo ou familiar...

Como xa sabedes todos eses plans quedaron en parada técnica ou en suspensión temporal de actividades, así que propóñovos uns retos para estar un pouco entretidos. Xa sabedes que non é obrigatorio.



RETO 1

Un problema ao día

Tendes aquí un documento con un montón de problemas (os meus alumnos xa deberían ter feitos os dous primeiros), así que propóñovos facer un cada día.


Leer más publicaciones en Calaméo


Non podes facer o 10, o 12, o 13 nin o 15 porque non
traballamos eses contidos na clase.




RETO 2

Viaxa dende a túa casa

Pecha os ollos e imaxina onde che gustaría estar agora mesmo. Pode ser que che apeteza estar tomando o sol nunha praia das Bahamas, abrazando osos panda en Wolong, visitando a pirámide de Keops, escalando o monte Fuji ou deslizándote nun trineo por un San Simón nevado. Todo é posible, porque está na túa imaxinación.

Ben, o reto consiste en describir esa paisaxe e esa situación, buscar toda a información que queiras, plasmala nun folio ou na libreta e mandala á túa profe antes do 15 de abril. Podes facelo enviando un documento de texto, unha foto ou un vídeo mentres o les. Elixe o que mellor che veña.



2 comentarios:

  1. Acabo de ver esto. A verdade é que pensei que non lles poñeriades nada e prepareille eu exercicios de matemáticas e lengua para cada día da Semana Santa. De todas formas, intentarei enviar a descricpión da paisaxe, pero non sei a qué correo electrónico facelo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Sonia! Podes enviala ao e-mail que aparece arriba á derrita patriciabermudez@edu.xunta.gal
      De todos modos, non é obligatorio! Ademais os problemas irémolos corrixindo pouco a pouco e poderá facelos tranquilamente.
      Unha aperta!

      Eliminar