martes, 14 de abril de 2020

Martes 14



Estas son as instrucións que temos e que foron colgadas na web da Consellería onte pola tarde. Como podedes ler as actividades teñen que ser "con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido". Entendemos, entón, que non podemos avanzar contidos, así que continuamos co repaso. 

Non pensedes que vai ser aburrido, se non que imos ter estes temas tan controlados que non nos fará falla repasalos o ano que vén!!💪💪💪


MATEMÁTICAS


Acorrección dos problemas que levamos feitos do reto que houbo en Semana Santa será dun xeito diferente. Farémolo a modo de cadea como o reto de enfariñarse a cara. Nominaremos a unha persoa que corrixirá o primeiro problema facendo un vídeo. Cando acabe coa corrección, nominará a unha persoa que fará o seguinte problema. Recoméndovos subir o vídeo a Youtube como "oculto" para que só se poda ver no blogue (non vos preocupedes, podédelo borrar cando queirades).

Os que non fixemos o reto de Semana Santa tedes tempo para ir facendo a medida que se vaian nominando.

Así que nomino a Nuria a facer o primeiro. 







LINGUA

DITADO


Os de B tedes que copiar o recadro e facer o exercicio 16 da páxina 141.



Os de A (e os de B cando rematen) poden xogar un pouco premendo aquí.



PLÁSTICA

Hoxe propoñemos algo diferente, como acabamos de saír da Pascua, imos intentar facer un coello de Pascua con papel. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario