Saúl Veiga, tocouche. Debes nominar a alguén de A.
LENGUA
Dictado
PLÁSTICA
Para a semana que vén celebramos o DÍA DO LIBRO, así que ímos celebralo virtualmente!! Tedes toda fin de semana para facelo, así que con calma. Ímos facer un boneco lector co noso libro preferido.
MATERIAL NECESARIO
Pegamento, tesoiras, pinturas (ceras, lapis, rotuladores, o que teñades pola casa).
Dous folios. Un ten que ser clarito e outro pode ser de cores ou pintado. Eu tiña estes dous pola casa.
1.- Deixa a un lado o folio claro. E parte á metade o escuro.
2.- Colle unha das partes e vólvea a partir á metade polo lado máis curto. Así...
3.- E outra vez máis, para ter catro tiras iguais.
4.- A unha de esas tiras, comeza a doblala así para facer coma un pequeno acordeón.
5.- O resultado debería ser algo así.
6.- Deixa a un lado eses pequenos acordeóns, utilizarémolos máis tarde. Agora colle a outra metade do folio escuro e dobra un pouquiño.
7.- Colle unhas tesoiras e recorta un tiras pequenas ata a dobradura.
8.- Quedarache algo así.
9.- Colle as pinturas que teñas e faille uns olliños, unha boca... o que se che ocurra. Esa é a cara do noso boneco lector.
10.- Recupera os dous pequenos acordeóns e pégaos pola parte de abaixo, a modo de perniñas.
11.- Colle o folio claro e dóbrao á metade, córtao e volve doblalo e cortalo.
12.- Colle un dos trozos pequenos e dóbrao á metade para facer un libriño.
13.- Agora é o momento de debuxar a portada do libro que máis che gusta. Podes decorala como queiras. Eu elexín O Principiño porque me encanta!!
14.- Colle as dúas tiras verdes do principio e pégaas polos laterais. Así.
15.- Agora escribe o que máis che gustou do libro. Pode ser unha opinión ou tamén podes copiar frases que che gustaron.
16.- Xa case está!! Colócao diante do boneco e dálle a volta ás dúas cousas á vez.
17.- Pega as tiras ás costas do boneco. Tes que pegar un bo cacho para que o libro quede centrado.
18.- E xa está listo o noso boneco lector!! Cólgao cun pouquiño de cinta adhesiva e sácalle unha foto. Envíalle a foto á túa profe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario