Acabo de ver unha mensaxe anónima pedindo que explicasemos os traballos que estamos recollendo. Hai diferencias por clase, así que lede a que vos corresponda.
Como titora de A
Estou recollendo por whatsapp, email e classdojo os seguintes traballos (e os que se pidan no blogue):
- A manualidade do coelliño do martes 14 de abril.
- A descrición do xoves 16 de abril .
- O boneco lector do venres 17 de abril.
- O parte meterolóxico do martes 21 de abril.
Podedes mandar a foto da actividade cando a rematedes, sexa a hora que sexa. Deixo un tempo prudencial porque coñezo a dificultade de seguir as actividades diariamente, así que non vos agobiedes por iso.
Como titora de B
Está recollendo por whatsapp os seguintes traballos (e os que se pidan no blogue):
- A manualidade do coelliño do martes 14 de abril.
- A descrición do xoves 16 de abril .
- O boneco lector do venres 17 de abril.
- O parte meterolóxico do martes 21 de abril.
Está recollendo por este novo email carracedopernasanamaria@gmail.com os traballos diarios enviados quincenalmente, é dicir, non hai que envialos día a día, se non que os xuntedes e enviádeos cada quince días.
Se alguén ten algunha dúbida, por favor, é máis sinxelo que vos comuniquedes coa vosa titora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario